1000€ por apoyar la Causa Palestina

SANCIONADO CON MIL EUROS O PRESIDENTE DA ANPA DUN COLEXIO PUBLICO DE PONTEAREAS POR MANIFESTARSE CONTRA O XENOCIDIO DE ISRAEL EN GAZA

O subdelegado do goberno en Pontevedra decidiu iniciar un procedemento sancionador contra Juan Carlos Carrillo Claro por manifestarse en Ponteareas en solidariedade co pobo de Gaza e contra o xenocidio israelí perpetrado de xeito máis notorio a finais de ano 2008 e principios de 2009.
Dende EU-IU consideramos que o goberno do PSOE actúa así, sabedor de que esta sanción non procede, porque a constitución e a lei ampara o dereito de reunión e manifestación; de que o comportamento deste compañeiro foi, ademais de exemplar, perfectamente legal.

Os motivos argüidos pola garda civil no seu informe son tan graves como “encabezar a unas 30 personas, portando banderas y pancartas, gritar consignas y leer un manifiesto, causando molestias e importunios a las personas que se hallaban en estas calles realizando sus compras o disfrutando de la mañana”. Non obstante por nosa parte contemplamos outros motivos, todos indecentes, para explicar este atropelo a un dereito constitucional básico:

En primeiro lugar dase o caso que o sancionado é presidente da Anpa dun Colexio Publico de Ponteareas que denunciou en varias ocasións os incumprimentos da Consellería de Educación do PSOE no seu centro.

Por outra parte reflectiría un cabreo mal dixerido polo revés electoral que sufríu PSOE nas pasadas eleccións autonómicas, querendo descargar a súa ira sobre a xente da esquerda que os puxo en evidencia durante a súa xestión.

En terceiro lugar constátase que o goberno Zapatero, cedendo ás presións da embaixada israelí, trata de desviar a atención do seu nefasto papel de hipócrita “neutralidade” e submisión ante o xenocidio sionista, criminalizando a loita solidaria cos palestinos asediados en Gaza.

Como razón de máis peso entendemos que o goberno do PSOE utiliza esta ameaza a un militante de EU-IU coa perversa intención de amedrontar á xente ante a crise, prevendo e temendo de que o descontento da clase obreira trasladarase á rúa na defensa dos seus intereses.

Dase a circunstancia de que Juan Carlos é militante do PCG, de EU-IU e de CCOO, pero nos actos de protesta, auto convocados telefonicamente e con carácter de urxencia, participaron dirixentes de doutros colectivos sociais e políticos, indignados pola masacre perpetrada sobre os indefensos palestinos.

Por todo o exposto esiximos a destitución do subdelegado provincial do goberno.

Ponteareas, 18 de marzo de 2009

http://esquerdaunidaponteareas.blogspot.com/2009/03/sancionado-con-mil-euros-o-presidente.html

No comments yet

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: